Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

PNL de regulación das denominacións de produtos cárnicos de España.

O pasado día 13 de setembro o Grupo Socialista no Congreso rexistrou unha Proposición non de lei de regulación das denominacións de produtos cárnicos de España. Esta proposta responde, segundo se desprende da propia iniciativa, ao significativo aumento da comercialización de alimentos veganos / vexetarianos e ao crecente uso de denominacións propias de produtos cárnicos, como salchichas ou hamburguesas cando se trata de alimentos que non integran a carne como ingrediente.

A xuízo do Grupo Parlamentario Socialista, este tipo de prácticas na etiquetaxe supón por unha parte unha vulneración da norrma de calidade dos derivados cárnicos, ao tempo que serían susceptibles de confundir ao consumidor.

Desde UCGAL consideramos que esta iniciativa permitirá abrir un debate parlamentario que hai tempo se está dando na rúa e no cal contrapóñense opinións e intereses de distintos sectores, así como de personaxes que inundan as redes sociais con mensaxes interesadas. En todo caso, UCGAL considera un "olvido" non ter ido maís aló con esta proposta e plantexar unha proposición dirixida a regular a cuestión desde todas e ópticas e dar resposta así a outras situacións, como as imitacións doutros alimentos, en especial os produtos do mar, onde directamente non podemos falar de denominacións consagradas polo uso, senón de claro interese en confundir ao consumidor (Merlvza, Vegambas...).